miércoles 30 de septiembre de 2009

Despois de una ano e medio

Despois de un ano e medio compráceme comunicarvos que falta pouco para a saída á web da versión beta de Musicanagaliza 2.0

Se tedes paciencia poderedes visionala nun tempo!!

Saudos a tod@s weblogueiros!

lunes 10 de marzo de 2008

Novas

Ola a tod@s!

Quérovos comunicar que estou a traballar no novo blogguer, asique non desesperedes.
Espero telo rematado pronto. Ata entón, un saúdo.

Xa colgarei o enlace ao novo directorio.

Un saúdo a tod@s!

jueves 10 de enero de 2008

Novas Concertos Musicanagaliza

Boas a tod@s!!!

Despois de moito tempo sen publicar, volvo con novas sobre concertos que haberá na cidade de Compostela nos vindeiros días:


ULTREIA, RETROUSO, LAGHAREU, ARREIXEIRA
SERÁNS DA NASA
Mércores 16 ás 22,00h.
2 € - Por Internet: 2 €

Se queredes saber máis, podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.salanasa.com/programa/programatrimestre2.php


Un saúdo!!!

lunes 17 de diciembre de 2007

Opinión Musicanagaliza

Ola a tod@s!!

Esta entrada vai dirixida a tod@s os que por este blogue vos pasades, ou ben a diario, ou ben de vez en cando. Non quero deixar pasar a oportunidade de ter chegado ás mil visitas para pedir a vosa colaboración para mellorar este espazo. Poderedes deixar as vosas opinións e consellos dirixíndovos á seguinte dirección:
david_dj76@hotmail.com
Espero as vosas solicitudes, consellos e opinións moi pronto!!

Un saudo cordial a tod@s!!
Moitas grazas!!

domingo 16 de diciembre de 2007

Chegamos as 1000 visitas!!

Ola a tod@s!!

Simplemente vos quero dar as grazas por ter visitado o meu blogue, tanto aos que sodes habituais como os que simplemente son esporádicos, grazas por estar ahí y elixir este espazo para vos informar de todo o relacionado co panorama da musica galega.

Un saudo a tod@s!!

lunes 10 de diciembre de 2007

Clausura do IICongreso de ensinantes da música tradicional galega

Ola a tod@s!!
Ven de rematar en Santiago de Compostela o IICongreso de Ensinantes da Música Tradicional Galega promovida pola AGG. Neste congreso abordáronse temas de tódolos ámbitos:
Obradoiros: de construcción de xoguetes sonoros, de xogo de baile tradicional, de cantigas para os máis pequenos, de danzas gremiais e de ensino de percusión tradicional.
Comunicacións: sobre canción infantil e xogos populares galegos, sobre os Bailegramas e sobre as nomenclaturas da música tradicional galega.
Relatorios: Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero trataron a saida ao mercado do vol.I de Pel e Madeira, Begoña Riobó tratou o tema do coidado da voz, o de Pablo Carpintero sobre a Orixe da Requinta, un traballo moi interesante e o de Roberto de Andrés, que tratou sobre das novas tecnoloxías aplicadas á musica tradicional galega.
Concerto didactico: a cargo de Xavier Blanco co seu traballo "Instrumentos Pobres", un traballo que vos recomendo que consigades, pois se atopa á venda.
Esperamos dende a AGG que acudades o vindeiro ano ao Congreso.
Un saúdo a tod@s!

lunes 3 de diciembre de 2007

AGG : INAUGURACIÓN DO II CONGRESO DE ENSINANTES

Moi boas a tod@s!!
O vindeiro venres 7 de Decembro, ás 16:30 h., terá lugar a inauguración oficial do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.Previamente, ás 16:00 h. realizarase a recepción e o reparto de material a tódolos inscritos, que este ano alcanzan unha cifra importante, o que demostra o interés suscitado por este proxecto e os seus contidos.Durante a fin de semana do 7, 8 e 9 de Decembro, poderanse escoitar un total de cinco relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos que tratarán temas tan interesantes como os “coidados básicos da voz e exercicios prácticos para cantar dun xeito saudable”; “xogos populares e tradicionais galegos”; así como a “aplicación das novas tecnoloxías no ensino da música tradicional”. Tamén contaremos con obradoiros prácticos como por exemplo un “taller de construcción de xoguetes sonoros” ou “cantigas para os máis pequenos”. Estes relatorios e obradoiros alternaranse con mesas redondas onde se debaterán temas relacionados coa música tradicional, e ademais presentaranse as comunicacións seleccionadas entre as propostas recibidas para este Congreso.Atoparedes toda a información necesaria nas novas do noso portal e manterémosvos ao tanto do desenvolvemento xeral de todas as actividades.Información sobre o Congreso
Un saudo, espero vervos por ali!!

lunes 12 de noviembre de 2007

Novas Musicanagaliza

Boas a tod@s!!

Estas semanas estiben recopilando material para que lle botedes unha ollada, asique aquí vos deixo as direccións para que o poidades ver dende a súa ubicación orixinal:

http://www.youtube.com/watch?v=oE1HDmaAW4A
http://www.youtube.com/watch?v=IxN6XwORDnw
http://www.youtube.com/watch?v=59ZX5qdIEB0
http://www.youtube.com/watch?v=AbndgwfG22k

Espero que vos guste, e espero tamén que me comentedes dando a vosa opinión e deixando se sabedes de outros clips do estilo, as direccións onde os podo atopar.

Un saúdo!!

martes 30 de octubre de 2007

Videos Musicanagaliza

Ola a tod@s!!

Acábanme de pasar un video moi interesante. Trátase dunha animación por ordenador que traballa coa matemática, a música e os sintetizadores. Espero que sexa do voso agrado!!

Sen máis, aquí vos queda o enlace .

http://www.youtube.com/watch?v=4VAu8lTp3hg&eurl

e o máis o video no espazo reservado para elo na dereita do blogue. Espero que vos gusta, realmente esta moi ben!!

Un saúdo!!

domingo 21 de octubre de 2007

NovasGrupos Musicanagaliza

Ola a tod@s!

Veño de saber do meu ben querido compañeiro Brais, do grupo Loretta Martin que o grupo acaba de rematar o grabación da súa maqueta . Trátase dun traballo certamente bo, basado en ritmos funkeiros-rok onde se empeza a perfilar o seu estilo extravagante e basado na elasticidade da música. Podedes escoitar un anaco do seu traballo na sua páxina oficial:
http://www.lorettamartin.net/
Tamén a deixo abaixo no apartado de grupos do panorama galego.

Un saúdo, e arriba Brais!!