miércoles, 25 de abril de 2007

Info Concursos

Ola amigos!!

Infórmovos de que este dia 20 de maio, ademáis temos tamén concurso de pandereteiras ao longo de todo o día no recinto da Universidade Laboral (A Coruña), organizado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina.

Un saudo

Info Concursos

Ola amigos!!

Infórmovos de que este dia 20 de maio, temos concurso de cuartetos tradicionais ao longo de todo o día no recinto da Universidade Laboral (A Coruña), promocionado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina.

O dia 27 do mesmo mes, tamén temos concurso de baile tradicional ao longo de todo o día na Universidade Laboral ( A Coruña), promocionado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina.


Nota importante: este ano as semifinais de baile non se farán en 2 días coma de costume, senon que se levarán a cabo nun único dia (27 de Maio) polo que será preciso estar tanto pola mañan coma pola tarde, tamén no recinto da Universidade Laboral (A Coruña).

A final do consurso de baile terá lugar no Pazo da Ópera de A Coruña o 8 de Xullo.

lunes, 23 de abril de 2007

Novas MusicanaGaliza

Ola!!

Esta semana presentamos en exclusiva dúas novas de gran interese.

En primeiro lugar, a saída ao mercado do novo disco de Quempallou "Polo Aire" no mes de Maio.
En segundo lugar, a saída ao mercado, tamén en Maio do novo disco de SondeSeu, "Trastempo".

Os dous dicos moi interesantes para os amantes do bo folke!!

Novas Concentración

O vindeiro domingo 29 de Abril haberá unha foliada en Melide pola noite e durante todo o día. Haberá stands con mostra de artesanía, xogos populares, instrumentos antigos (con Pepe Temprano),títeres,un obradoiro tradicional " A Fía" e haberá tamén unha conferencia sobre palletas e pallóns para a gaita galega e un xantar popular.

domingo, 22 de abril de 2007

Info Concursos

Boas!!

Hoxe veño con novas para vós:
- Certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo. Este certame terá lugar o 13 de Maio do 2007 en Bandeira (Pontevedra), pero atención porque o prazo de inscrición remata o día 25 de Abril. Para consultar calquera dúbida, chamar ó telefono:986 58 55 50 (de 16 a 22 h.). Podedes atopar as bases no paxina www.gaiteirosgalegos.com

- Concurso de gaiteiros solistas en Betanzos o 16 de Maio.Premio 2000 Euros. Se vos interesa, as bases están na páxina www.gaiteirosgalegos.com

- Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere. Este certame terá lugar o dia 29 de Abril de 2007 en A Estrada(Pontevedra).