lunes, 17 de diciembre de 2007

Opinión Musicanagaliza

Ola a tod@s!!

Esta entrada vai dirixida a tod@s os que por este blogue vos pasades, ou ben a diario, ou ben de vez en cando. Non quero deixar pasar a oportunidade de ter chegado ás mil visitas para pedir a vosa colaboración para mellorar este espazo. Poderedes deixar as vosas opinións e consellos dirixíndovos á seguinte dirección:
david_dj76@hotmail.com
Espero as vosas solicitudes, consellos e opinións moi pronto!!

Un saudo cordial a tod@s!!
Moitas grazas!!

domingo, 16 de diciembre de 2007

Chegamos as 1000 visitas!!

Ola a tod@s!!

Simplemente vos quero dar as grazas por ter visitado o meu blogue, tanto aos que sodes habituais como os que simplemente son esporádicos, grazas por estar ahí y elixir este espazo para vos informar de todo o relacionado co panorama da musica galega.

Un saudo a tod@s!!

lunes, 10 de diciembre de 2007

Clausura do IICongreso de ensinantes da música tradicional galega

Ola a tod@s!!
Ven de rematar en Santiago de Compostela o IICongreso de Ensinantes da Música Tradicional Galega promovida pola AGG. Neste congreso abordáronse temas de tódolos ámbitos:
Obradoiros: de construcción de xoguetes sonoros, de xogo de baile tradicional, de cantigas para os máis pequenos, de danzas gremiais e de ensino de percusión tradicional.
Comunicacións: sobre canción infantil e xogos populares galegos, sobre os Bailegramas e sobre as nomenclaturas da música tradicional galega.
Relatorios: Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero trataron a saida ao mercado do vol.I de Pel e Madeira, Begoña Riobó tratou o tema do coidado da voz, o de Pablo Carpintero sobre a Orixe da Requinta, un traballo moi interesante e o de Roberto de Andrés, que tratou sobre das novas tecnoloxías aplicadas á musica tradicional galega.
Concerto didactico: a cargo de Xavier Blanco co seu traballo "Instrumentos Pobres", un traballo que vos recomendo que consigades, pois se atopa á venda.
Esperamos dende a AGG que acudades o vindeiro ano ao Congreso.
Un saúdo a tod@s!

lunes, 3 de diciembre de 2007

AGG : INAUGURACIÓN DO II CONGRESO DE ENSINANTES

Moi boas a tod@s!!
O vindeiro venres 7 de Decembro, ás 16:30 h., terá lugar a inauguración oficial do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.Previamente, ás 16:00 h. realizarase a recepción e o reparto de material a tódolos inscritos, que este ano alcanzan unha cifra importante, o que demostra o interés suscitado por este proxecto e os seus contidos.Durante a fin de semana do 7, 8 e 9 de Decembro, poderanse escoitar un total de cinco relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos que tratarán temas tan interesantes como os “coidados básicos da voz e exercicios prácticos para cantar dun xeito saudable”; “xogos populares e tradicionais galegos”; así como a “aplicación das novas tecnoloxías no ensino da música tradicional”. Tamén contaremos con obradoiros prácticos como por exemplo un “taller de construcción de xoguetes sonoros” ou “cantigas para os máis pequenos”. Estes relatorios e obradoiros alternaranse con mesas redondas onde se debaterán temas relacionados coa música tradicional, e ademais presentaranse as comunicacións seleccionadas entre as propostas recibidas para este Congreso.Atoparedes toda a información necesaria nas novas do noso portal e manterémosvos ao tanto do desenvolvemento xeral de todas as actividades.Información sobre o Congreso
Un saudo, espero vervos por ali!!

lunes, 12 de noviembre de 2007

Novas Musicanagaliza

Boas a tod@s!!

Estas semanas estiben recopilando material para que lle botedes unha ollada, asique aquí vos deixo as direccións para que o poidades ver dende a súa ubicación orixinal:

http://www.youtube.com/watch?v=oE1HDmaAW4A
http://www.youtube.com/watch?v=IxN6XwORDnw
http://www.youtube.com/watch?v=59ZX5qdIEB0
http://www.youtube.com/watch?v=AbndgwfG22k

Espero que vos guste, e espero tamén que me comentedes dando a vosa opinión e deixando se sabedes de outros clips do estilo, as direccións onde os podo atopar.

Un saúdo!!

martes, 30 de octubre de 2007

Videos Musicanagaliza

Ola a tod@s!!

Acábanme de pasar un video moi interesante. Trátase dunha animación por ordenador que traballa coa matemática, a música e os sintetizadores. Espero que sexa do voso agrado!!

Sen máis, aquí vos queda o enlace .

http://www.youtube.com/watch?v=4VAu8lTp3hg&eurl

e o máis o video no espazo reservado para elo na dereita do blogue. Espero que vos gusta, realmente esta moi ben!!

Un saúdo!!

domingo, 21 de octubre de 2007

NovasGrupos Musicanagaliza

Ola a tod@s!

Veño de saber do meu ben querido compañeiro Brais, do grupo Loretta Martin que o grupo acaba de rematar o grabación da súa maqueta . Trátase dun traballo certamente bo, basado en ritmos funkeiros-rok onde se empeza a perfilar o seu estilo extravagante e basado na elasticidade da música. Podedes escoitar un anaco do seu traballo na sua páxina oficial:
http://www.lorettamartin.net/
Tamén a deixo abaixo no apartado de grupos do panorama galego.

Un saúdo, e arriba Brais!!

NovasConcertos Musicanagaliza

Boas a tod@s!!
Aquí vos deixo un concerto próximo na Casa das Crechas, para este martes 23,
(23 / 10 / 07), PEPE VAAMONDE GRUPO estará montando festa. Asique quedades todos convidados a ver este gran grupo!!
Un saúdo!!

jueves, 11 de octubre de 2007

Novas Musicanagaliza

Ola a tod@s!

Veño de coñecer nestas últimas datas que o conservatorio profesional de Ferrol incluiu este ano no programa de especialidades instrumentais a gaita galega. Asique, os que teñades a sorte de estar preto de Ferrol ou de vivir alí, aproveitade que non todos os dias podemos publicar algo tan positivo para a nosa música como esto.

Sen máis, invítovos a que lle botedes unha ollada á páxina web do conservatorio para informarvos máis a fondo.

http://centros.edu.xunta.es/cmusxanviano/

Un saúdo!!

lunes, 8 de octubre de 2007

Novas musicanagaliza

Ola a tod@s!

Esta semana poderedes disfrutar dunha nova volta de seráns en SalaNasa ( R/San Lourenzo,51-53 B, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña - Galiza, Tel: +34 (981) -573998 Fax: +34 (981) -587321. Espero que os grupos sexan do vosa agrado. Para coñecer máis sobre os seráns desta semana visitade info@salanasa.com

Xa depaso bos recomendo a coñecidísima Casa das Crechas:

Casa das Crechas, Vía Sacra, nº 3, C.P 15.704, Santiago de Compostela, Galiza.

Para contactar connosco:

Roi Vázquez
981.560.751
616.682.657
info[a]casadascrechas.com

www.culturacrecha.com
www.casadascrechas.com

Espero que esta información vos sexa de utilidade. Un saúdo!!

viernes, 5 de octubre de 2007

Musicanagaliza Concursos


Con motivo da celebración do seu XXV aniversario, a Asociación Cultural A Mámoa organiza o 21 de Outubro de 2007 un concurso de Cuartetos Tradicionais no local social de Luou (Teo).Poderán participar cuartetos tradicionais compostos por unicamente dúas gaitas, tamboril e bombo. Ademáis todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional.A organización establece tres premios:- 1º Premio: 1000 € mais agasallo conmemorativo- 2º Premio: 600 € mais agasallo conmemorativo- 3º Premio: 400 € mais agasallo conmemorativoA data límite para inscribirse no concurso é o 15 de Outubro de 2007 . Para participar é necesario enviar a folla de inscrición debidamente cuberta antes de esa data. Aquí podedes consultar as bases completas e descargar a folla de inscrición. Bases do concurso e folla de inscrición . Para máis info podedes visualizar esta entrada na paxina da AGG.
Un saúdo!

lunes, 24 de septiembre de 2007

Musicanagaliza Novas

Ola a tod@s!

Veño de coñecer a saída ao mercado do novo traballo de siniestro total, un dos nosos grupos de máis sona internacional. Este novo traballo chamado "Popular, Democrático y Científico" debe ser un incondicional nas vosas coleccións de cds. Sen máis, agardo que vos guste o novo cd.

Por último, decirvos que queda actualizada a zona de enlaces na zona inferior, con novos e máis webs de grupos de distintas partes da xeografía española e galega.

Un saúdo!!

lunes, 10 de septiembre de 2007

Músicanagaliza Novas

Boas a tod@s!!

Nesta ocasión diríxome a vós para informarvos da saída ao mercado do primeiro traballo do grupo Crema de Gaita, un grupo integrado por grandes músicos, todos eles galegos. Destaca pola mistura de ritmos musicais con pezas galegas así como de rimtos como bossa nova ou tangos interpretados con gaita. Aquí vos deixo o enlace a súa web.

http://www.cremadegaita.com/

miércoles, 5 de septiembre de 2007

Charanga Makánika

Boas internautas!!

Esta vez escríbovos para amosarvos o que se pode facer con un pouko de interese, se tedes un grupo de musica, sexa do estilo que sexa. Trátase dunha charanga na que teño a gran sorte de poder tocar con eles de cando en vez, e que pouco a pouco se foron labrando un nome. Neste enderezo electrónico poderedes botarlle un vistazo ao recorte de periódico no que sae unha entrevista fieta por Terras de Santiago. Sen máis, déixovos para que lle botedes unha ollada. Un saúdo para Charangamekánika!

http://tierrasdesantiago.es/index_3.php?idEdicion=629&idMenu=323&idNoticia=205298

domingo, 15 de julio de 2007

Ola a tod@s!!

Acabo de atopar un grupo de folque que de seguro vos gustará e vos enganchará mio pronto. Fanse chamar Xerfa. A ver que vos parece. Aquí vos deixo o enlace e no apartado de novos grupos:

http://xerfa.freehostia.com/

Musicanagaliza Venta



Véndese un clarinete Buffet Campron modelo E-11 en Sib, con 6 anos, pouco uso, con maletín incluido. Cor negra. Interesados poñerse en contacto no seguinte enderezo: david_dj76@hotmail.com. Inclúense dúas boquillas, a de serie e unha boquilla modelo B-40.

A Gaita Irlandesa ou Uilleann Pipes




A gaita irlandesa convertese nun instrumento superior, que se coñece como o máis dulce dos instrumentos de cana. Nun principio, os irlandeses utilizaban unha gaita de dous bordóns similar á escocesa, pero coas presions políticas e as prohibicións, deberon desenvolver unha gaita de salón, chamada "uilleann" (codo, en gaélico), cunha alimentación principal consistente nun fol suxeito ao brazo dereito, o cal se encarga de enviar aire á bolsa e de ahí a tres bordóns, tres reguladores con chaves de notas armónicas e o punteiro, constituindo así unha das gaitas áis completas con dúas oitavas. Fai máis de 200 anos, as gaitas irlandesas disfrutaron de gran popularidade, chegando incluso os nobres a ter gaiteros entre os seus empleados.

viernes, 29 de junio de 2007

Novo Disco de Freylekhs

Última hora, acaba de saír ao mercado o primeiro traballo de Freylekhs. Esperamos que lles vaia moi ben. Se queredes mais info acerca deste novo grupo, podedes acceder á súa web dende enlaces de novos grupos ou dende enlaces de grupos amigos da Galiza.

Un saúdo. Este comentario vai adicado ao membro e amigo de Freylekhs Anxo.

Novas Festivais/Novo Disco

Boas a tod@s!!

Volvo para recomendarvos un festival folke. Terá lugar na parroquia estradense de Callobre os dias 29 e 30 de Xuño. O sabado estarán entre outros Bryganthya ou Treixadura. O domingo habera obradoiros de afinación de pandeiros e de tratamento de peles e parches.

Aproveitando, vos recomendo o novo CD de Fia na Roca. Poderedes escoitar un anaco do seu novo traballo neste enlace: www.fianaroca.com
Espero que vos guste. Se os queredes ver, teredes ocasión de facelo o 20 de xullo en Xinzo de Limia, o 22 do mesmo mes na Fonsagrada e o 25 de Xullo, dia da Galiza, en Santiago de Compostela.

miércoles, 23 de mayo de 2007

Ola a tod@s!

Grazas á colaboración da miña compañeira Noa, sen a que parte deste blogue non sería posible, podemos hoxe presentar a un novo grupo, procedente de Valencia, descoñecido ou pouco coñecido até o de agora na Galiza. Espero que sexa do voso interese e agrado.

Aquí vos deixo o enlace á súa páxina, ao igual que na sección de Novos Grupos:

http://www.lhamdefoc.com/

Un saúdo!

Novas Concertos

Boas a tod@s!!

Aquí vos deixo algunhas datas que poden ser do voso interese sobre concertos de folke:


24 / 5 / 07 - MILLADOIRO - Compostela
150 Aniversario Facultade de Farmacia.

25 / 5 / 07 - QUEMPALLOU - Monforte - Pub Zoco
Presentación do novo disco "Polo Aire"

26 / 5 / 07 - 19:00 - Orazo - A Estrada - 4º Manguelo Folc

Xuntanza dos Regatos, Lilaila, Kotemalabar : Circote, A.F. A Carballeira de Cercio, Pandeireiteiros, Nos de Sobradelo, A.F. Trompos ós pés.
Animarán os tempos mortos :
Grupo de animación Os Larpeiros, Trumpetumba e Gran Fanfare.

26 / 5 / 07 - 23:00 - Orazo - A Estrada - 4º Manguelo Folc
XUNTANZA DOS REGATOS
LINHO DO CUCO

30 / 5 / 07 - Callobre (A Estrada) - FESTIVAL FOLK DE CALLOBRE

1 / 6 / 07 - 24:00 - Sarria (Lugo)Pub Planeta
QUEMPALLOU
Presentación do novo disco "Polo Aire"

viernes, 18 de mayo de 2007

Novo linke

Ola a tod@s!

Para os amantes do bo folke, folke de calidade, aquí vos deixo o link á páxina de Bellón&Maceiras.

Tamén o deixo no apartado de links de interese e de grupos amigos.

Un saúdo!

http://www.bellonmaceiras.com/gl/

lunes, 14 de mayo de 2007

VIII Certame Folk Concurso Radio Obradoiro

O escenario do teatro Principal acolleu este venres, 11 de maio, a final do oitavo Certame Folk Radio Obradoiro. Tras pecharse o prazo de entrega de maquetas, e ante as máis de vinte presentadas ó concurso, a organización seleccionou catro, seguindo criterios estritos de calidade musical. Finalmente, as agrupacións que competiron polo primeiro premio, que consiste na gravación dun disco, nos estudos de gravación Phonos, sito en A Estrada (Pontevedra). Os grupos seleccionados para a final foron: Ghaita Depedra, Lúa D"Fouce, Pradairo e Xanzá. Todos eles interpretaron tres pezas, polo menos dúas de composición propia. O xurado estivo formado por Diego Maceiras, Pablo Pascual e Iván García e Noa Díaz, produtora.

Finalmente, o galardón acaeu no grupo Pradairo. Destacou a actuación-exhibición do dúo DaniBellón&DiegoMaceiras, presentando o seu traballo "Unión das Terras".

jueves, 10 de mayo de 2007

Novo Enlace

Ola amig@s!!

Acabo de colgar un novo enlace no bloggue. É da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo. É unha páxina moi interesante, espero que así a encontredes!!

O enlace está na sección de Enlaces de interese e en Links a Asociacións de Música Tradicinonal Galega.

Un saúdo!!

lunes, 30 de abril de 2007

Info Concursos

Ola a tod@s!!

Este domingo, dia 29 de Abril, celebrouse en A Estrada o III Certame de Baile Tradicional da Agrupación Municipal Tequexetéldere. Nesta ocasión puidemos desfrutar de agrupacións de nivel como Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela), Fortín da Pomba (Silleda) ou A Ponte Vella. Nesta ocasión, o xurado decidiu deixar desertos algúns dos premios, decisión non ben acollida polas agrupacións participantes.

Nesta nova edición, a maioría dos premios corresponderon ás distintas categorías da Asociación de Baile Tradicional Frotín da Pomba.

miércoles, 25 de abril de 2007

Info Concursos

Ola amigos!!

Infórmovos de que este dia 20 de maio, ademáis temos tamén concurso de pandereteiras ao longo de todo o día no recinto da Universidade Laboral (A Coruña), organizado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina.

Un saudo

Info Concursos

Ola amigos!!

Infórmovos de que este dia 20 de maio, temos concurso de cuartetos tradicionais ao longo de todo o día no recinto da Universidade Laboral (A Coruña), promocionado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina.

O dia 27 do mesmo mes, tamén temos concurso de baile tradicional ao longo de todo o día na Universidade Laboral ( A Coruña), promocionado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina.


Nota importante: este ano as semifinais de baile non se farán en 2 días coma de costume, senon que se levarán a cabo nun único dia (27 de Maio) polo que será preciso estar tanto pola mañan coma pola tarde, tamén no recinto da Universidade Laboral (A Coruña).

A final do consurso de baile terá lugar no Pazo da Ópera de A Coruña o 8 de Xullo.

lunes, 23 de abril de 2007

Novas MusicanaGaliza

Ola!!

Esta semana presentamos en exclusiva dúas novas de gran interese.

En primeiro lugar, a saída ao mercado do novo disco de Quempallou "Polo Aire" no mes de Maio.
En segundo lugar, a saída ao mercado, tamén en Maio do novo disco de SondeSeu, "Trastempo".

Os dous dicos moi interesantes para os amantes do bo folke!!

Novas Concentración

O vindeiro domingo 29 de Abril haberá unha foliada en Melide pola noite e durante todo o día. Haberá stands con mostra de artesanía, xogos populares, instrumentos antigos (con Pepe Temprano),títeres,un obradoiro tradicional " A Fía" e haberá tamén unha conferencia sobre palletas e pallóns para a gaita galega e un xantar popular.

domingo, 22 de abril de 2007

Info Concursos

Boas!!

Hoxe veño con novas para vós:
- Certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo. Este certame terá lugar o 13 de Maio do 2007 en Bandeira (Pontevedra), pero atención porque o prazo de inscrición remata o día 25 de Abril. Para consultar calquera dúbida, chamar ó telefono:986 58 55 50 (de 16 a 22 h.). Podedes atopar as bases no paxina www.gaiteirosgalegos.com

- Concurso de gaiteiros solistas en Betanzos o 16 de Maio.Premio 2000 Euros. Se vos interesa, as bases están na páxina www.gaiteirosgalegos.com

- Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere. Este certame terá lugar o dia 29 de Abril de 2007 en A Estrada(Pontevedra).

sábado, 21 de abril de 2007

Comeza o show, comeza o moevemento do meu blogue

Grazas a unha compañeira da universidade, podo comezar a darlle vida ao blogue.

Aquí vos deixo un par de enlaces dende os que poderedes acceder tanto a información como as datas de concertos.

www.gaiteirosgalegos.com

www.folque.com

jueves, 29 de marzo de 2007

Apertura de enlace dende usc virtual

Boas a tod@s!!

acabo de abrir o enlace á miña paxina dende a usc virtual co fin de que poidades mandarme arquivos de interese sobre musica, para que os poida administrar e colgar na paxina, co fin de que todos poidades acceder a información de interese, e que ao mesmo tempo, axudedes einformedes de paxinas de interese, ben mandándome un correo a david_dj76@hotmail.com ou ben deixando o voso comentario. Eña saudos a maxisterio musical!!

domingo, 18 de marzo de 2007

Anuncios por palabras

Búscase percusionista con posibilidade de desprazamento para grupo en A Estrada (Pontevedra). Interesados podedes contactar cos compoñentes do grupo ben a través desta páxina deixando un comentario co voso correo, ou ben no seguinte correo electrónico:
david_dj76@hotmail.com. Grazas por vistar o meu bolgue. Saúdos

domingo, 4 de marzo de 2007

Aquí vos paso un enlace onde podedes ver os proximos concertos dos grupos da nosa terra e tamén dos que non son da Galiza. Espero que vos sexa de utilidade. Un saúdo.

http://www.ghastaspista.com/concertos.php

viernes, 2 de marzo de 2007

para qué creo o blogue musicanagaliza

A musica na galiza trata de que a xente do mundo da música, e a xente que non ten nada que ver con este mundo, pero que simplemente por mero interese, quere obter información musical de primeira man, poida obter información de grupos novos da nosa terra, de cataluña e do país vasco.