viernes, 18 de mayo de 2007

Novo linke

Ola a tod@s!

Para os amantes do bo folke, folke de calidade, aquí vos deixo o link á páxina de Bellón&Maceiras.

Tamén o deixo no apartado de links de interese e de grupos amigos.

Un saúdo!

http://www.bellonmaceiras.com/gl/

lunes, 14 de mayo de 2007

VIII Certame Folk Concurso Radio Obradoiro

O escenario do teatro Principal acolleu este venres, 11 de maio, a final do oitavo Certame Folk Radio Obradoiro. Tras pecharse o prazo de entrega de maquetas, e ante as máis de vinte presentadas ó concurso, a organización seleccionou catro, seguindo criterios estritos de calidade musical. Finalmente, as agrupacións que competiron polo primeiro premio, que consiste na gravación dun disco, nos estudos de gravación Phonos, sito en A Estrada (Pontevedra). Os grupos seleccionados para a final foron: Ghaita Depedra, Lúa D"Fouce, Pradairo e Xanzá. Todos eles interpretaron tres pezas, polo menos dúas de composición propia. O xurado estivo formado por Diego Maceiras, Pablo Pascual e Iván García e Noa Díaz, produtora.

Finalmente, o galardón acaeu no grupo Pradairo. Destacou a actuación-exhibición do dúo DaniBellón&DiegoMaceiras, presentando o seu traballo "Unión das Terras".