viernes, 29 de junio de 2007

Novas Festivais/Novo Disco

Boas a tod@s!!

Volvo para recomendarvos un festival folke. Terá lugar na parroquia estradense de Callobre os dias 29 e 30 de Xuño. O sabado estarán entre outros Bryganthya ou Treixadura. O domingo habera obradoiros de afinación de pandeiros e de tratamento de peles e parches.

Aproveitando, vos recomendo o novo CD de Fia na Roca. Poderedes escoitar un anaco do seu novo traballo neste enlace: www.fianaroca.com
Espero que vos guste. Se os queredes ver, teredes ocasión de facelo o 20 de xullo en Xinzo de Limia, o 22 do mesmo mes na Fonsagrada e o 25 de Xullo, dia da Galiza, en Santiago de Compostela.

1 comentario:

Unknown dijo...

Pois xa comprei o disco de fia na roca que recomendas. A verdade é que me gusta moito. Está moi ben.
Grazas.