lunes, 10 de diciembre de 2007

Clausura do IICongreso de ensinantes da música tradicional galega

Ola a tod@s!!
Ven de rematar en Santiago de Compostela o IICongreso de Ensinantes da Música Tradicional Galega promovida pola AGG. Neste congreso abordáronse temas de tódolos ámbitos:
Obradoiros: de construcción de xoguetes sonoros, de xogo de baile tradicional, de cantigas para os máis pequenos, de danzas gremiais e de ensino de percusión tradicional.
Comunicacións: sobre canción infantil e xogos populares galegos, sobre os Bailegramas e sobre as nomenclaturas da música tradicional galega.
Relatorios: Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero trataron a saida ao mercado do vol.I de Pel e Madeira, Begoña Riobó tratou o tema do coidado da voz, o de Pablo Carpintero sobre a Orixe da Requinta, un traballo moi interesante e o de Roberto de Andrés, que tratou sobre das novas tecnoloxías aplicadas á musica tradicional galega.
Concerto didactico: a cargo de Xavier Blanco co seu traballo "Instrumentos Pobres", un traballo que vos recomendo que consigades, pois se atopa á venda.
Esperamos dende a AGG que acudades o vindeiro ano ao Congreso.
Un saúdo a tod@s!

No hay comentarios: