martes, 12 de enero de 2010

Nova web

Por problemas técnicos e de tempo, non imos poder subir ainda a nova versión 2.0 á rede, pero si que recomendamos unha páxina dun novo grupo do panorama musical galego Tirabeque Música, sito en A Estrada, Pontevedra, un grupo de cinco xoves músicos estradenses pertencentes aos grupos de música e baile tradicional máis representativos deste concello, A.F.M. Tequexetéldere e Banda de Gaitas de Barbude, cos que teñen acadado numerosos premios, tanto a nivel grupal como a nivel inidividual. Pertencentes á Banda de Música Cultural de Teo e á Banda de Música Municipal de A Estrada, teñen acadado diversos premios a nivel autonómico.

Esperamos que sexa do voso agrado!!
Dende aquí enviamos un gran apoio para este novo grupo que comeza!

Podedes visitar a súa Web en: http://www.myspace.com/tirabequemusica

No hay comentarios: